Description

Os estudos de Rachel Carlson foron precursores involuntarios da Axencia de Protección Ambiental de Estados Unidos, a coñecida EPA, da celebración do Día da Terra e do movemento filosófico e político que hoxe chamamos ecoloxismo.

O escenario base desta investigación co contido de todos os seus apartados:

Orientación. Axuda a coñecer a situación actual da nosa cuestión ou problema.

Conceptualización. Achega os coñecementos necesarios para poder solucionar o problema.

Exploración. Permite acceder aos datos e móstranos como manexar o laboratorio virtual ou a páxina de ciencia cidadá para poder realizar a investigación.

Experimentación. Consegue, grazas a app adaptadas ao proceso de indagación, elaborar hipótese, ordenar resultados en táboas gráficas.

Conclusión. Promove a elaboración de conclusións a partir da hipótese exposta e os resultados obtidos.

Discusión. Ofrece dúas formas habituais de presentación dos traballos científicos: oral, mediante pósteres ou paneis e escrita, mediante informes de investigación.

No votes have been submitted yet.

View and write the comments

No one has commented it yet.